Toxal Riba

Navia de Suarna

Mel ToxalRiba produce mel intenso dos Ancares, elaborado con manexo tradicional das abellas e respecto polo territorio de Navia de Suarna.

Tarros de mel Toxal Riba sobre unha mesa de madeira

Os produtos de Toxal Riba

Non se atoparon produtos...

A nosa historia

Mel ToxalRiba de Navia de Suarna nace no 2021 da man de Manuel Tejedo, un apaixonado da apicultura.

As colmeas atópanse repartidas por unha zona privilexiada como son Ancares, máis concretamente na zona de Navia de Suarna, na que hai gran diversidade de flora: silvas, carqueixa, castaño e uz, entre moitas outras das que as abellas seleccionan o pole para deleitarnos a todos co seu traballo.

Nun primeiro momento Manuel contaba con 14 colmeas que pouco a pouco foron aumentando até as 80 de hoxe en día.

Trátase dun mel doce e intenso, de cor escura que evoca a aqueles sabores da infancia, a ese mal natural que saboreamos de nenos e que pervive nos nosos recordos ó probar este produto.

Un proxecto baseado na tradición, saber e traballo transmitido ó longo de varias xeracións; un proxecto “do noso”, no que o mel vai da colmea para o consumidor final.

Un traballo feito con mimo, dedicación e tempo para preservar a tradición, o medio natural e o entorno, é dicir o manexo tradicional das abellas.

Ademais coa cera elabóranse velas artesanais.

Os datos de Toxal Riba

Teléfono

610683709

Coñece todos os nosos produtores

Cada produto ten unha historia. Descubre as familias e obradoiros que fan posible Son de Lugo.