Cervexas Pintega

A Fonsagrada

Cervexa artesanal da montaña feita con ingredientes naturais, tradición recuperada e vida no rural, elaborada en A Fonsagrada con carácter propio.

Botellas de cervexa artesá Pintega con gran e lúpulo

A nosa historia

Cervexas Píntega nace da paixón por un produto estreitamente ligado á terra e á vontade de non deixar no abandono lugares e costumes ancestrais.

A cervexa, coma outros moitos produtos alimentarios, revela as súas mellores características cando os seus ingredientes naturais se expresan libremente.

Eles, como artesáns, son quen están ao cargo da selección destes ingredientes e dos procesos axeitados para obter o mellor resultado posible. Ao escoller a localización do seu obradoiro na antiga casa de labranza da familia, na montaña da Fonsagrada, non lles importou que aquela autovía máis achegada estivera a corenta minutos de viaxe, ou que non houbera fibra óptica... Dispoñer das antigas cortes das vacas semisoterradas, onde a temperatura se mantén estable todo o ano, dun hórreo construído no ano 1939 onde os ratos non poden subir a comer o cereal, ou dun manancial cunha auga ideal para elaborar a cervexa... era o que lles facía verdadeira ilusión.

Nos vindeiros anos farán que desfrutar dunha boa cervexa feita na montaña serva tamén para quedarse a vivir alí!

Os datos de Cervexas Pintega

email

info@cervexaspintega.com

Coñece todos os nosos produtores

Cada produto ten unha historia. Descubre as familias e obradoiros que fan posible Son de Lugo.