Viño Proencia Barrica, 1 botella D.O. Ribeira Sacra - Bodega Proencia
Viño Proencia Barrica, 1 botella D.O. Ribeira Sacra - Bodega Proencia
Viño Proencia Barrica, 1 botella D.O....
Viño Proencia Barrica, 1 botella D.O....

Viño Proencia Barrica, 1 botella D.O. Ribeira Sacra - Bodega Proencia

1 unidade de 75 cl.

Descobre o viño Proencia Barrica, un tinto con Denominación de Orixe Ribeira Sacra repousado en barrica de carballo durante máis de 12 meses.

  • Elaborado con uvas 100% Mencía en viñedos de máis de 50 anos de idade.
  • Gradación alcohólica 13,5% Vol.
21,45 €
IVE incluido

Descrición

viño Proencia Barrica é un caldo que se caracteriza pola súa excelente calidade. Realizado con uvas Mencía e seguindo un proceso de vendima tradicional.

Este tinto da Denominación de Orixe Ribeira Sacra (subzona Amandi), ferméntase en barricas de carballo americano e francés durante un mínimo de 12 meses, para despois repousar en botella durante dous anos.

Proencia Barrica só se elabora nas anadas en que a calidade da uva Mencía seleccionada é adecuada para o envellecemento. Isto, sumado a que é unha adega familiar cunha produción limitada, fai do viño Proencia Barrica un produto con certa exclusividade.

Ten aromas tostados e froiteiros, cunha cor granate e un sabor intenso e persistente en boca.

En Son de Lugo seleccionamos as mellores marcas e produtores da provincia para achegarchos á túa casa, da forma máis cómoda. Non te preocupes polo envío, protexemos o teu pedido e seleccionamos a mellor compañía de transporte para que chegue á túa casa nunhas condicións óptimas.

Este Mencía está elaborado na Adega Proencia de Tomás Arias, en Sober, Lugo. A Denominación de Orixe Ribeira Sacra distínguese pola excelencia dos seus viños e polos seus viñedos situados en terrazas sobre as pendentes do canón do Sil. Na Adega Proencia, como noutras adegas desa zona, os traballos de vendima e coidado das viñas son manuais na súa maior parte.

Detalles do produto

14008004

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

7 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.