É unha verdade universalmente recoñecida que as estacións, en Galicia, son dúas: de Samaín a Beltane, a do cocido, e de Beltane a Samaín, a do churrasco. Benvido todo o mundo á estación do churrasco.

Empecemos polo principio. Antes da romanización de Galicia, os poboadores dos territorios da Europa Atlántica desenvolveran unhas formas de medir o tempo cronolóxico a partir da observación dos astros e dos ciclos que se repiten na natureza. Considérase que, coa música, a literatura oral e as pinturas rupestres, a observación do paso do tempo foi unha das primeiras actividades intelectuais da humanidade.

Estes pobos atlánticos, que se deron en situar dentro dunha cultura céltica, dividían o ano en dúas estacións. Unha estación das tebras, que comezaba cos festexos de Samaín (arredor do 1 de novembro, o punto intermedio entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno), que celebraban o fin das colleitas e as preparacións para resgardarse dos rigores invernais, e unha estación da luz, que daba inicio en Beltane (polo 1 de maio, xusto a medio camiño entre o equinoccio de primavera e o solsticio de verán), unha chamada á fertilidade da terra, os cultivos e os gandos.

Recoñecemos as antigas tradicións de Samaín e Beltane nas celebracións de Defuntos e os Maios que aínda perviven en Galicia. Desde hai uns anos, esa comunidade crecente que é o Galituíter (as persoas que chían e rechouchían en galego en Twitter) estableceu que a estación das luces é tamén a estación das churrascadas. Carne de tenreira e porco á grella. Uns chourizos frescos. Longas sobremesas á sombra nestes días con atardeceres tardíos e ganas de reencontrarnos coa familia e as amizades.

cesta de churrasco de Son de Lugo ofrece falda de tenreira galega suprema de A Carqueixa, costillar de porco de Embutidos de Suarna e chourizos frescos de porco celta de Céltico. Poderá recibilo no seu domicilio en formatos de 2,5, 5 e 10 quilos, porque en Son de Lugo procuramos adaptarnos a familias e grupos de amigos de distintas dimensións. Cada un dos produtos da cesta de churrasco de Son de Lugo chegará á súa casa envasado ao baleiro individualmente e debidamente refrixerado. 

O churrasco é tan, tan galego que nos chegou desde a emigración a América, como tantas das nosas mellores tradicións. Contan os cronistas que a primeira  churrasquería de Galicia empezou a servir carnes á brasa na Pobra do Brollón, na Ribeira Sacra, nos anos setenta do século pasado. Tal foi o éxito desta forma de preparar a excelencia das nosas carnes de tenreira e de porco que se instalou nos nosos corazóns e nos nosos costumes. Quen se atrevería a negar que as churrascadas son hoxe un dos nosos sinais de identidade?

Estampas de invierno

Leer más
Novidades
0 comentarios
441 vistas

SORTEO Empanada de Montaña

Sorteamos unha empanada na nosa páxina de Facebook, outra na nosa páxina de Instagram e unha terceira entre todos os pedidos que recibamos na nosa páxina web do 15 ao 31 de decembro.

Leer más
Novidades
Son de Lugo
0 comentarios
643 vistas

As feiras do outono lugués

Outubro, significa, nas terras de Lugo, o tempo das feiras. Grandes feiras que son tamén actos sociais, nos que botar unha parolada e saber as unhas dos outros.

Leer más
Novidades
Son de Lugo
0 comentarios
2353 vistas

Elba, a primeira pastora

En Son de Lugo sentímonos herdeiros de Elba, a muller das montañas orientais de Galicia que guiaba rabaños de uros hai 9.000 anos. Descubre os nosos produtos de pastoreo

Leer más
Novidades
Son de Lugo
0 comentarios
3242 vistas

Xa estamos aquí

Contámosche que é Son de Lugo e quen estamos tras esta iniciativa; como pretendemos facer as cosas, en que momento e desde que lugar. Acompáñanos neste percorrido

Leer más
Novidades
0 comentarios
2919 vistas

Namorarás dos nosos produtos

Son de Lugo escolle os mellores alimentos da gran lacena de Galicia. Sabemos que vas namorar das nosas carnes e dos nosos peixes

Leer más
Novidades
0 comentarios
2047 vistas

Tempo de grella, tempo de churrasco

Pon as brasas para combinar a nosa carne de tenreira selecta de A Carqueixa coa costela de Embutidos de Suarna e o chourizo de fresco de porco celta de Céltico

Leer más
Novidades
0 comentarios
2477 vistas

Comentarios (0)

Non hai comentarios
Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.