Son de Lugo escolle os mellores produtos da gran despensa de Galicia. Sabemos que vas namorar das nosas carnes e dos nosos peixes. A vida será dura sen os nosos legumes e os nosos queixos. Garantimos un sabor e unha calidade que nin tempo terás a facerlles aos teus pratos unha foto para o Instagram.

E vós, que sabedes facer?

Nas comarcas de Lugo, un dos saberes que nos transmitiron durante xeracións os nosos pais e as nosas avoas é o de producir alimentos. Pastoreamos gandos desde os tempos de Elba do Courel, a muller do Mesolítico achada na cova de Chan do Lindeiro nunha escavación arqueolóxica. Cultivamos verduras do xénero Brassica (como os grelos) desde o milenio IV antes de Cristo, segundo investigacións realizadas no Prado do Inferno do municipio de Muras. 

Nas comarcas de Lugo non quedamos nin no Mesolítico nin no IV milenio antes de Cristo

Ao longo dos séculos perfeccionamos uns saberes ancestrais que hoxe nos permiten incorporarmos coñecemento e innovación sen perder un chisco de tradición. O sector agroalimentario é un dos nosos motores económicos e habitamos con orgullo un territorio cuxos froitos son sinónimo de calidade; tanto para os peixes e mariscos do Cantábrico como para as carnes de tenreira, porco, procedentes de animais que pastan en liberdade nos nosos montes e soutos.

Somos unha potencia en queixos e lácteos. Das nosas hortas extraemos con amor Aprendemos tamén a desenvolver cosméticos con produtos quilómetro cero sobre os que empregamos a innovación tecnolóxica máis sofisticada.

En Son de Lugo:

► Ofrecemos produtos selectos que reúnen o mellor dos produtores galegos, garantindo un prezo mellor para ti e máis xusto para as persoas que traballan a terra.

► Coidamos o envasado e o transporte dos alimentos para que che cheguen nas mellores condicións.

► Tramitamos o teu pedido cos diferentes provedores para que o recibas nun único paquete nun máximo de 10 días.

Convidámoste a coñecernos e a probarmos. Non te arrepentirás. Retámoste: darache tempo sequera a facer unha foto do que poñas á mesa? Será difícil. Amigable lembrete para foodiesSon de Lugo é irresistible

Elba, a primeira pastora

Elba, a primeira pastora

En Son de Lugo sentímonos herdeiros de Elba, a muller das montañas orientais de Galicia que guiaba rabaños de uros hai 9.000 anos. Descubre os nosos produtos de pastoreo leer más
Xa estamos aquí

Xa estamos aquí

Contámosche que é Son de Lugo e quen estamos tras esta iniciativa; como pretendemos facer as cosas, en que momento e desde que lugar. Acompáñanos neste percorrido leer más
Namorarás dos nosos produtos

Namorarás dos nosos produtos

Son de Lugo escolle os mellores alimentos da gran lacena de Galicia. Sabemos que vas namorar das nosas carnes e dos nosos peixes leer más
Tempo de grella, tempo de churrasco

Tempo de grella, tempo de churrasco

Pon as brasas para combinar a nosa carne de tenreira selecta de A Carqueixa coa costela de Embutidos de Suarna e o chourizo de fresco de porco celta de Céltico leer más

Comentarios (0)

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.