Os cooperativistas de Terras da Mariña escollen as mellores fabas das súas fincas. O gando da Carqueixa comeza a regresar dos prados dos Ancares nos que pastou durante o verán. Nesa mesma comarca da Montaña, as cinco mulleres que traballan en Embutidos Suarna planifican xa a producion para os tempos dos caldos e dos cocidos.  Namentres, Chusa e Carmela de Milhulloa supervisan como van medrando os nabos que botaron nos útimos días do mes de agosto, como dita a tradición. En Céltico, Mario ultima os preparativos para a a época de matanzas e en Negueira de Muñiz Alberto selecciona o mel das flores estacionais para Outurelos. Aínda que a fin do verán supón unha relaxación nas tarefas agrogadeiras, as primeiras semanas do outono resultan o bule-bule nas comarcas de Lugo: cómpre preparar a despensa para os días fríos do inverno. En Lugo, ás persoas que regresan as fins de semana á aldea a aprovisionarse de alimentos da casa chamámoslles —entre retranqueira e agarimosamente— baleiradespensas, limpalacenas ou lambelacenas. 

Recollémonos na casa...

Tomás e Marta elaboran en Proencia o viño dunha terra cunha memoria antiga escavada nos seus socalcos. En Champivil están á espreita dos cogomelos que nos agasalla a terra se vén unha raiola de sol logo dun día de choiva e no porto de Celeiro non cesa tampouco a actividade para que Novomar poña na mesa a mellor pescada. Na Terra Chá e na Ulloa, Cristina e Xosé Luís preparan queixos baixo as marcas Don Gabino e Arqueixal sen mudar no esencial a tradición que aprenderon das súas mais e avoas. O recendo do forno de leña, cargado con empanadas e pan do país —de formento, diría Carmen da Panadería Fraga, que en Palas nunca o de masa madre se dixo— convida a recollerse na casa, xuntarse coa familia e os amigos, arredor da cociña de ferro ou da lareira, ou a mimarse coa cosmética ecolóxica de quilómetro cero de Muuholla.

...ou non tanto

Outubro, significa, nas terras de Lugo, o tempo das feiras. Grandes feiras que son tamén actos sociais, nos que botar unha parolada e saber as unhas dos outros. E así transcorren o San Froilán, as máis fermosas festas do outono galego, que aínda non se desprenderon do seu carácter de mercado gandeiro, e as San Lucas de Mondoñedo, nas que baixan os cabalos do monte desde hai máis de oitocentos anos. Oito séculos, que se di axiña. Igualmente enraizadas na Idade Media e, do mesmo xeito, como mercado cabalar, a Feira de Santos de Monterroso é o gran feirón, a feira das feiras do centro de Galicia. Tamén en Gontá, en Abadín, o día de Santos é motivo dunha das máis importantes citas cadaneiras da Terra Chá.

► Son este carácter e esta vocación os que nos moveron en SondeLugo.com a facer da nosa tenda online unha feira a golpe de clic. Un lugar no que atoparnos e partillar experiencias e un espazo, sobre todo, para poñer á vosa disposición o mellor de nós. 

Estampas de invierno

Leer más
Novidades
0 comentarios
922 vistas

SORTEO Empanada de Montaña

Sorteamos unha empanada na nosa páxina de Facebook, outra na nosa páxina de Instagram e unha terceira entre todos os pedidos que recibamos na nosa páxina web do 15 ao 31 de decembro.

Leer más
Novidades
Son de Lugo
0 comentarios
1313 vistas

As feiras do outono lugués

Outubro, significa, nas terras de Lugo, o tempo das feiras. Grandes feiras que son tamén actos sociais, nos que botar unha parolada e saber as unhas dos outros.

Leer más
Novidades
Son de Lugo
0 comentarios
3159 vistas

Elba, a primeira pastora

En Son de Lugo sentímonos herdeiros de Elba, a muller das montañas orientais de Galicia que guiaba rabaños de uros hai 9.000 anos. Descubre os nosos produtos de pastoreo

Leer más
Novidades
Son de Lugo
0 comentarios
3912 vistas

Comentarios (0)

Non hai comentarios
Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.