Adega Sidrón é unha pequena adega familiar situada en Pieiga, Negueira de Muñiz, e dentro da futura Indicación Xeográfica Protexida "Terras Do Navia". Rosa e Javier Sanromán son dous irmáns que recuperaron os viñedos centenarios da súa familia, as castes autóctonas da súa zona (Branca legítima, verdello branco, verdello tinto, tinto sorodo e mencía). A Indicación Xeográfica Protexida Terras do Navia abrangue a cunca lucense do alto Navia e están situados na Rede Natura 2000 e na Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón. O seu é un viño atlántico con aroma a tradición e raíces do Navia.
Calificación Comentarios (0)