Grelos naturais - Champivil
Grelos naturais - Champivil
Grelos naturais - Champivil
Grelos naturais - Champivil

Grelos naturais - Champivil

Grelos naturais.

Pesos: 425 g e 850 g.

Peso
Produto dispoñible con diferentes opcións
2,60 €
IVE incluido

Descrición

Os grelos son da familia das crucíferas, da variedade Rapa. Caracterízanse polas súas follas de cor verde intensa e fibrosas e é gran aliado das dietas adelgazantes polo seu alto contido en auga e fibra, hidratos de carbono, proteínas e polas súas poucas calorías.

Os grelos son os tallos floríferos tenros, xusto antes de que se vexan os casulos das flores.   

Desde sempre formaron parte do caldo galego e, como non, do tan famoso preparado de entroido "lacón con grelos".

O grelo é comestible mentres está tenro; cando a flor esta desenrolada, o grelo endurécese e xa non é posíbel o seu consumo. Cultívase en Galicia desde moi antigo polo seu prezado valor como verdura, aínda que o máis aprezado é na zona de Lugo a variedade Globo branco, o cal é recolectado despois das fortes xeadas de xaneiro (o que os fai máis tenros e menos ácidos que noutras zonas).

Valor nutricional:

- Proteínas 1,98 g.

- Hidratos de carbono 4,03 g.

- Graxas 0,25 g.

Detalles do produto

150112005
0 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.