Cervexa artesanal -  Colmo

Cervexa artesanal - Colmo

1 lata de 33 cl.

4,60 €
IVE incluido

Descrición

Colmo Ancares Rye IPA, a primeira cervexa elaborada con centeo e mel dos Ancares, un proxecto circular e social que vai máis alá de unha cervexa. Desde Colmo, propuxéronse transformar este rústico cereal, de gran importancia en épocas pasadas para a alimentación e teitado das vivendas nestas zonas da alta motnaña, nunha cervexa identificada co territorio, deliciosa e única debido á pureza e a orixe dos seus compoñentes.

É un proxecto que nace coa finalidade de promover o cultivo do centeo e toda a cultura que o rodea, colaborando de maneira activa na recuperación dos tellados e doutras artes relacionadas con este cereal.É unha cervexa elaborada coa súa propia malta de centeo, un centeo autóctono dos Ancares, colleitado e malteado de maneira tradicional, amargor medio-alto, suave con notas de resina e froita tropical, cun aroma moi fresco e cítrico polo seu equilibrado xogo de lúpulos (Chinook, El dorado, Mandarina Bavaria) e un lixeiro toque ao mel da montaña.

Detalles do produto

05002001
7 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.