Probablemente a receita máis sabrosa para este unto certificado 100% Porco Celta sexa como ingrediente estrela do tradicional caldo galego, pero non nos podemos olvidar de untar a tixola para facer as filloas! É un touciño branco, que non ten vetas de carne.
É un produto obtido da peza enteira, procurando que os cortes sexan o máis homoxéneos posible, cun peso medio de 420 gramos. Desde Son de Lugo envíamolo ao teu domicilio perfectamente envasado ao vacío, o que garantiza a súa protección e preservación. Recomendámosche que o saques da bolsa como mínimo unha hora antes do seu consumo.
Na explotación familiar de Embutidos Hermelino, no Valadouro, nacen e críanse en liberdade os porcos de raza autóctona, sendo un referente a súa explotación na provincia de Lugo e en España.
Calificación Comentarios (0)