Pescada do pincho - Novomar
Pescada do pincho - Novomar
Pescada do pincho - Novomar
Pescada do pincho - Novomar
Pescada do pincho - Novomar

Pescada do pincho - Novomar

Esta pescada ou merluza do pincho galega, que foi capturada de forma artesanal, con anzol. Envíase directamente desde o Porto de Celeiro, en Viveiro.

  • Un peixe de carne firme, cunha textura e sabor exquisitos.
  • Usa o selector para indicar como queres que a preparemos.
  • Envío en embalaxe especial, cuberta con capa de xeo, en transporte refrixerado.
Tipo de corte
Peso
13,70 €
IVE incluido

Descrición

Chámase “merluza do pincho” porque se pesca con anzol, unha a unha. Esta forma de pesca artesanal, evita que a carne da pescada reciba golpes ao caer sobre o chan do barco, mantendo unha textura firme. Esta técnica de pesca, tamén fai que a pescada se manteña fresca e con todo o seu sabor durante máis tempo.

Trátase dunha pescada de indubidable calidade, con todo o seu sabor e propiedades. Este peixe non foi conxelado previamente, polo que se o vas a consumir cru, tes que conxelalo polo menos durante 24 horas.

Nesta páxina tes un selector para indicarnos como prefires que preparemos a pescada na peixaría do Porto de Celeiro: enteira, fileteada ou en toros. Ti elixes como a preparamos e mandámoscha nunha embalaxe especial para conservar o frío, envolta nunha capa de escamas de xeo que farán que chegue nunhas condicións óptimas ao seu destino. En Son de Lugo, utilizamos para os nosos produtos frescos transporte refrixerado, con control de temperatura constante.

A pescada do pincho envíase directamente desde as instalacións de NovoMar, no Porto de Celeiro (Viveiro), un dos portos máis importantes do Cantábrico en capturas de pescada co pincho ou palangre.

Detalles de producto

12005001
100 elementos:

Calificación Comentarios (0)

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.