Esta é a típica empanada galega, moi saborosa. Ten un tamaño ideal para ser compartida entre dúas persoas.
Baixo demanda pódense reservar empanadas de dous tamaños superiores a este.
A empanada de atún está feita con atún, cebola, pemento vermello, aceite de oliva e sal; e o pan que envolve estes ingredientes é elaborado cunha mestura de fariña de trigo e trigo do pais, sen empregar levadura.
A empanada de polo leva polo, cebola, pemento vermello, aceite de oliva e sal, ademais da masa de fariña de trigo.
A empanada de sardiñas e chourizo leva sardiñas, chourizo, cebola, pemento vermello, aceite de oliva, sal e a masa de fariña de trigo que recobre este recheo.
Sae dos fornos da Fonsagrada grazas ó traballo artesán das mans expertas de O Pan de Iria.
Dende a montaña á túa mesa a golpe de click!
Calificación Comentarios (0)