Empanada galega de mexillóns - Panadería Fraga
Empanada galega de mexillóns - Panadería Fraga
Empanada galega de mexillóns -...
Empanada galega de mexillóns -...

Empanada galega de mexillóns - Panadería Fraga

1 unidade de 800g-900g aprox.

Empanada galega de mexillóns, elaborada pola Panadería Fraga, seguindo a receita das empanadas tradicionais no seu obradoiro de Palas de Rei.

  • Elaboración artesanal, sen conservantes nin aditivos.
  • Todo o sabor dunha empanada recén feita, recíbea na túa casa en poucas horas.
  • Pode consumirse en frío e tamén quentala no forno durante uns minutos.
25,30 €
IVE incluido

Descrición

Mexillóns e empanada. Sen dúbida, esta é unha combinación gañadora. Na Panadería Fraga elaboran a masa para esta receita de empanada de mexillóns con fariña seleccionada, fermento, auga e lévedo.

Tras o correspondente amasado e os seus tempos de repouso, introdúcese o recheo, elaborado con mexillóns, cebola, pemento vermello, aceite de oliva e sal. A receita de toda a vida e a elaboración tradicional é a única garantía de que o resultado é unha empanada galega de sabor auténtico e natural.

Para que a poidas degustar na túa casa coa máxima frescura, enviámola recén sacada do forno e en poucas horas estará no teu domicilio.

A empanada normalmente cómese en frío, pero tamén podes enfornala durante uns minutos e servila como un prato quente.

No obradoiro que ten a Panadería Fraga en Palas de Rei levan máis de corenta anos facendo pan e empanadas. Unha experiencia e tradición que conseguen trasladar en cada produto que elaboran.

Detalles do produto

17007002
85 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

9 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.