As claves para conseguir unha empanada de liscos de categoría son moi simples: calidade dos ingredientes e respecto pola tradición desta receita típica do interior da provincia de Lugo.
Para o recheo da empanada de liscos utilízanse produtos típicos da zona, como o touciño entrefebrado de porco, o chourizo, a cebola ou o pemento vermello. Engádese aceite de oliva e sal. A masa elabórase de forma artesanal, con fariña, auga, fermento e lévedo.
Desde Son de Lugo esmerámosnos por enviarche os produtos máis frescos e por coidar a loxística para que os recibas nunhas condicións óptimas. A empanada de liscos envíase recén sacada do forno, para que en poucas horas a teñas no teu domicilio.
Na provincia de Lugo temos grandes fornos de pan e empanadas tradicionais, como o da Panadería Fraga, en Palas de Rei. Os seus propietarios levan elaborando pan e empanadas máis de corenta anos e este saber facer nótase no sabor e na calidade dos produtos que saen do seu forno.
Calificación Comentarios (0)