A nosa empanada galega non ten segredos, está elaborada de forma tradicional e con ingredientes de gran calidade: fariña, auga, fermento e lévedo para a masa; atún claro, cebola, pemento vermello e aceite de xirasol para o recheo. Por iso o seu sabor é auténtico.
A de atún é unha das empanadas tradicionais de Galicia e está presente en panaderías e restaurantes de toda a nosa xeografía.
Esta empanada galega envíase recén feita, para que a recibas no teu domicilio coa máxima frescura. Pódela servir fría ou podes darlle un toque de calor no forno, para servila en quente.
En Son de Lugo buscamos achegarche a mellor materia prima e os mellores produtos da provincia. Esta empanada galega de atún foi elaborada na Panadería Fraga, unha das panaderías tradicionais máis coñecidas da provincia. No seu obradoiro de Palas de Rei elaboran pan a diario desde hai máis de corenta anos.
Calificación Comentarios (0)