Unha investigación na que participan científicas da Universidade da Coruña logrou secuenciar o xenoma mitocondrial máis antigo do devanceiro inmediato das vacas modernas analizado ata a data. Os restos, duns 9.000 anos, apareceron en Chan do Lindeiro, no municipio de Pedrafita do Cebreiro, á beira dunha muller, a quen se puxo o nome de Elba. Por que ían con ela, se aínda non se domesticara o gando? Pertencen a antepasados das actuais vacas ibéricas?

Recolle todos os pormenores da investigación unha información de Eva Rodríguez para a axencia pública estatal SINC

Pastores herdeiros de Elba

En Son de Lugo sentímonos herdeiros de Elba e defendemos o pastoreo como unha forma de producir alimentos máis respectuosa: non só cos animais, senón tamén coa paisaxe e o medio ambiente. Son de Lugo ofrece produtos de pastoreo como a carne de tenreira galega suprema de A Carqueixa, de vacas criadas case nas mesmas montañas orientais que os uros de Elba. Tamén os porcos de raza porco celta de Céltico aliméntanse e fozan ao aire libre.

“O seu achado na sima xunto cunha humana é un grande enigma. Vistas todas as evidencias, como a súa cronoloxía similar e o feito de que os ósos estean mesturados na base dun esborralle polo afundimento do terreo —a uns 15 ou 20 metros de profundidade—, nós pensamos que a muller e os uros ían xuntos. Esta interpretación é controvertida porque nesa época non se considera que houbese domesticación”, explica a SINC Aurora Grandal, investigadora da Universidade da Coruña e coautora do estudo que publica a revista PLoS ONE.

A análise do seu ADN  mitocondrial non permitiu  emparentar estes tres uros coas actuais vacas modernas da Península. Para indagar nese posible parentesco, o seguinte que quere facer o equipo de investigadores é analizar o ADN nuclear.

Cando se domesticou o gando?

O gando doméstico foi introducido na cornixa cantábrica polos primeiros poboadores e sociedades agrícolas. Debido á ausencia de xacementos  neolíticos en Galicia, sábese moi pouco sobre o proceso neste territorio.

A  paleontóloga e veterinaria Amalia Vidal sinala que os datos desta investigación mostran unha estreita relación entre o primeiro gando domesticado de Galicia e as razas de vacas modernas, e achegan unha visión xeral da filoxenia do gando. Os resultados do estudo indican que os colonos emigraron ao finisterre peninsular desde Europa e introduciron razas de vacas europeas agora comúns en Galicia.

Estampas de invierno

Leer más
Novidades
0 comentarios
444 vistas

SORTEO Empanada de Montaña

Sorteamos unha empanada na nosa páxina de Facebook, outra na nosa páxina de Instagram e unha terceira entre todos os pedidos que recibamos na nosa páxina web do 15 ao 31 de decembro.

Leer más
Novidades
Son de Lugo
0 comentarios
652 vistas

As feiras do outono lugués

Outubro, significa, nas terras de Lugo, o tempo das feiras. Grandes feiras que son tamén actos sociais, nos que botar unha parolada e saber as unhas dos outros.

Leer más
Novidades
Son de Lugo
0 comentarios
2360 vistas

Elba, a primeira pastora

En Son de Lugo sentímonos herdeiros de Elba, a muller das montañas orientais de Galicia que guiaba rabaños de uros hai 9.000 anos. Descubre os nosos produtos de pastoreo

Leer más
Novidades
Son de Lugo
0 comentarios
3246 vistas

Comentarios (0)

Non hai comentarios
Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.