Mel A ruta primitiva é unha delicia de mel procedente das colmeas das montañas lucenses de Baleira e Castroverde, ao seu paso polo Camiño Primitivo de Santiago, Patrimonio da Humanidade desde 2015.
É un produto 100% natural, extraído no mes de setembro e inmediatamente envasado, o que lle confire garantía de frescura.
A ruta primitiva conta co galardón no ano 2019 do mellor mel galego na categoría multifloral do concurso Mel 5 Estrelas organizado pola Asociación Galega de Apicultura (AGA).
Todo un luxo para calquera amante do mel!
Calificación Comentarios (0)