Queixo D.O.P. San Simón da Costa - Queixería Don Gabino
Queixo D.O.P. San Simón da Costa - Queixería Don Gabino
Queixo D.O.P. San Simón da Costa -...
Queixo D.O.P. San Simón da Costa -...

Queixo D.O.P. San Simón da Costa - Queixería Don Gabino

1,2 Kg aproximadamente por peza.


Na Queixería Don Gabino de Vilalba elabórase este queixo de leite de vaca de forma artesanal e mantendo a esencia do queixo San Simón.

  • Queixo Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa.
  • Elixido como mellor queixo San Simón no ano 2020.
  • Elaboración artesanal e tradicional.
Peso
Out-of-Stock
17,00 €
IVE incluido

Descrición

Na queixería Don Gabino seguen a receita tradicional para manter a esencia das primeiras queixerías da zona. Cristina e Iván elaboran os queixos con leite de vaca, de forma artesanal, pasteurizando o leite na propia cuba de callado, ao baño maría e mediante o sistema de pasteurización aberta, unha forma de elaboración que despois se nota no sabor do queixo.

Unha filosofía de traballo sen présa.

Na D.O.P. San Simón da Costa establécese un período mínimo de 45 días de maduración, pero na queixería Don Gabino o proceso de curación dura entre 2 e 3 meses. O queixo de Don Gabino pasa tamén por un proceso de afumado, con bidueiro, tal como marca a tradición. O resultado final é un queixo cremoso, cun forte aroma afumado, toda unha delicia que no ano 2020 foi seleccionado como o Mellor Queixo San Simón.

En cada corte deste queixo pódense observar diferentes texturas, debido á forma exterior do queixo, desde a textura máis dura do exterior, a un corazón máis tenro.

A queixería Don Gabino atópase en San Simón da Costa, no Concello de Vilalba. Alí é onde se iniciou a Denominación de Orixe Protexida que actualmente abarca toda A Terra Chá.

Detalles do produto

13009001

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

3 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.