En Arqueixal elaboran os seus iogures con leite ecolóxico das vacas da súa propia granxa. É un iogur tan natural que a textura varía segundo as diferenzas na alimentación das vacas dependendo da estación do ano.
Elabórase con leite enteiro e ten un sabor suave, coma os iogures caseiros que se facían antes nas casas. Na súa receita non se engade ningún tipo de aditivo, colorante nin conservante, toda unha garantía de que é un produto san, ecolóxico, natural e de gran calidade.
Co obxectivo de conseguir un menor impacto ambiental, o iogur de Arqueixal está envasado nun bote de vidrio reutilizable. A Granxa Arqueixal está situada en Palas de Rei, na Comarca da Ulloa, e encarna os valores máis positivos de habitar unha contorna rural de forma consciente, xerando o mínimo impacto ambiental.
As súas 35 vacas pastan en liberdade nos prados próximos, nos que non se utilizan pesticidas nin fertilizantes químicos. Conseguen así leite de vaca de gran calidade, coa certificación do CRAEGA, o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.
Calificación Comentarios (0)