Sen dúbida para facer un bo caldo galego é imprescindible contar cunha boa materia prima. As fabas son unha parte fundamental da receita.
Estas fabas para caldo están seleccionadas e son dunha calidade excelente. Para conservalas durante varios meses en excelentes condicións, asegúrate de deixalas nun lugar fresco, seco e sen que lles chegue luz do sol de forma directa.
Para cociñalas, recoméndase poñelas en remollo en auga durante 8 ou 12 horas previas ao cociñado, desta forma conséguese hidratalas e reducir os tempos de cociñado da receita.
As fabas perfectas para caldo son as fabas brancas de tamaño máis ben pequeno. Estas teñen forma redondeada e unha pel que aguanta o cociñado sen romper, conseguindo unha presentación dos pratos coas fabas enteiras.
Na Mariña Lucense cultívanse estas fabas para caldo de excepcional calidade, seguindo as técnicas tradicionais da zona. As especiais características da terra, así como o microclima, son ideais para o cultivo dos legumes. O resultado é un produto que conta cunha alta valoración nas cociñas máis esixentes de toda a península.
Calificación Comentarios (0)