Faba de Lourenzá IGP - Terras da Mariña
Faba de Lourenzá IGP - Terras da Mariña
Faba de Lourenzá IGP - Terras da Mariña
Faba de Lourenzá IGP - Terras da Mariña

Faba de Lourenzá IGP - Terras da Mariña

A Faba de Lourenzá é unha Indicación Xeográfica Protexida baixo a que se amparan fabas secas de excepcional calidade.

  • Fabas de gran tamaño, da variedade “Faba Galaica”, separadas da vaina e seleccionadas.
  • Pel moi fina e textura mantecosa cando se cociñan.
  • Calidade culinaria excepcional. Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá.
Peso
19,00 €
IVE incluido

Descrición

As fabas de Lourenzá son brancas, de gran tamaño e de forma arriñonada. Son un tipo de legume moi ben valorada polo seu bo comportamento á hora de cociñala.

Na cocción aguantan a forma sen desfacerse, permitindo a presentación dos pratos coas fabas enteiras. Na degustación, desfanse na boca revelando unha textura mantecosa e unha pel case inapreciable. Aínda que son fabas secas, teñen unha gran capacidade de absorción da auga, superior ao 100%.

Estas fabas de Lourenzá de Mariña Selecta están envasadas nunha embalaxe que facilita a súa conservación. Foron sometidas a temperaturas inferiores a 20 graos durante polo menos 48 horas para asegurar que aguantan máis tempo en perfectas condicións e sen a aparición de gurgullo.

A Faba de Lourenzá plántase nos meses de maio e xuño, para colleitalas desde finais de agosto ata novembro. Estas fabas con Indicación Xeográfica Protexida cultívanse, almacénanse e envasanse na Mariña Lucense, unha zona cunhas condicións de clima e de terra ideais para cultivar este tipo de legumes cunha calidade excepcional.

Están comercializadas pola Cooperativa Terras da Mariña, con sede en Lourenzá e formada por socios e socias de diferentes concellos do norte da provincia de Lugo.

Detalles do produto

15010007
31 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

13 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.