Tés ecolóxicos - Milhulloa
Tés ecolóxicos - Milhulloa
Tés ecolóxicos - Milhulloa
Tés ecolóxicos - Milhulloa

Tés ecolóxicos - Milhulloa

Esta é unha selección de tés ecolóxicos de Milhulloa. Das follas da Camelia Sinensis e da mestura con diferentes plantas medicinais e especias, obtéñense os diferentes tipos de tés.

  • Realizados no contexto dun proceso de cultivo, recolección e embalaxe 100 % ecolóxicos.
  • Deshidratados en cámara de secado para que conserven todas as súas propiedades.
  • Usa o selector para engadir o tipo de té desexado ao teu carriño.
Producto
Produto dispoñible con diferentes opcións
5,95 €
IVE incluido

Descrición

Descobre os tés ecolóxicos de Mihulloa, cunha variedade diferente para cada momento.

Utiliza o selector para engadir á túa cesta da compra a variedade de té ecolóxico Milhulloa que desexas.

  • Té verde ecolóxico ( Gunpower). Elaborado con follas frescas deshidratadas. Bolsa de 85 gramos.
  • Té vermello ecolóxico ( Pu- Erh). Elaborado con folla fermentada e madurada ata 20 anos. Bolsa de 75 gramos.
  • Té negro ecolóxico ( Congou). Das variedades que traballan en Milhulloa é o que ten unha achega maior de teína. As follas déixanse marchitar ao aire e despois ferméntanse. Bolsa de 85 gramos.
  • Té moruno ecolóxico. Unha mestura de té verde e hortelá que te transportará a Oriente. Bolsa de 85 gramos.
  • Té especiado ecolóxico. Té verde con cardamomo, canela, jengibre e cravo. Bolsa de 75 gramos.
  • Té Roiboos ecolóxico. Sen cafeína. Bolsa de 85 gramos.

Como che recomendamos que prepares un té ecolóxico de Milhulloa?

Pon a auga a ferver e cando comece a ebulición, apaga o lume e engade unha culler do teu té preferido. Deixa repousar uns minutos, coa e serve nunha cunca.

Milhulloa produce os seus tés na Comarca da Ulloa, en Palas de Rei, apostando por unha produción ecolóxica e de proximidade. No caso das variedades que non poden producir en Galicia, impórtanas directamente dos lugares onde se producen, garantindo sempre a súa procedencia de cultivo ecolóxico.

Detalles do produto

18003001
0 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

2 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.