Infusións ecolóxicas - Milhulloa
Infusións ecolóxicas - Milhulloa
Infusións ecolóxicas - Milhulloa
Infusións ecolóxicas - Milhulloa

Infusións ecolóxicas - Milhulloa

Unha selección de herbas aromáticas cultivadas, colleitadas, deshidratadas e envasadas na Comarca do Ulloa seguindo procesos artesanais.

  • Certificación ecolóxica.
  • Variedades autóctonas.
  • Usa o selector para engadir a especia desexada ao carriño.
Producto
Últimos artigos en stock
3,45 €
IVE incluido

Descrición

En Milhulloa son produtoras en ecolóxico de diferentes herbas aromáticas para infusión. Cultivan variedades autóctonas, colléitanas no seu momento óptimo de maduración e deshidrátanas a baixa temperatura. Desta forma, conseguen preservar mellor as propiedades medicinais e aromáticas das plantas, así como os seus principios activos.

Cada bolsa de infusión foi preparada de forma artesanal e pechada con mimo para que transporte ata a túa casa todo o sabor e aroma destas infusións ecolóxicas.

Usa o selector para engadir á túa cesta da compra a variedade de infusión ecolóxica de Milhulloa que desexes:

  • Artemisa ecolóxica. Bolsa de 30 gramos.
  • Avoa ecolóxica (melisa, menta, caléndula e laranxa). Bolsa de 35 gramos.
  • Caléndula ecolóxica. Bolsa de 20 gramos.
  • Caléndula e Fiúncho. Infusión ecolóxica mestura 50% caléndula e 50% fiúncho. Bolsa de 30 gramos.
  • Chantaxe ecolóxica. Bolsa de 30 gramos.
  • Hortelá ecolóxica. Bolsa de 30 gramos.
  • Madriña (milfollas, menta, sarxa e limón). Bolsa de 35 gramos.
  • Macela ecolóxica. Bolsa de 30 gramos.
  • Melisa ecolóxica. Bolsa de 30 gramos.
  • Menta piperita ecolóxica. Bolsa de 30 gramos.
  • Milfollas ecolóxica. Bolsa de 40 gramos.
  • Milfollas con menta. Infusión ecolóxica mestura 65% milfollas e 35% menta. Bolsa 40 gramos.
  • Chantaxe, caléndula e tomiño. Infusión ecolóxica mestura 70% chantaxe, 27% caléndula e 3% tomiño. Bolsa de 35 gramos.
  • Ourego ecolóxico. Bolsa de 30 gramos.
  • Padriño (romeu, hibisco, chantaxe e canela). Bolsa de 35 gramos.
  • Romeu ecolóxico. Bolsa de 40 gramos.
  • Salvia ecolóxica. Bolsa de 30 gramos.
  • Tomiño limonado ecolóxico. Bolsa de 30 gramos.

Estas infusións ecolóxicas están cultivadas por Milhulloa, unha cooperativa de mulleres da Comarca da Ulloa.

Detalles do produto

18003003
3 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

2 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.