En Milhulloa son produtoras en ecolóxico de diferentes herbas aromáticas para infusión. Cultivan variedades autóctonas, colléitanas no seu momento óptimo de maduración e deshidrátanas a baixa temperatura. Desta forma, conseguen preservar mellor as propiedades medicinais e aromáticas das plantas, así como os seus principios activos.
Cada bolsa de infusión foi preparada de forma artesanal e pechada con mimo para que transporte ata a túa casa todo o sabor e aroma destas infusións ecolóxicas.
Usa o selector para engadir á túa cesta da compra a variedade de infusión ecolóxica de Milhulloa que desexes:
- Artemisa ecolóxica. Bolsa de 30 gramos.
- Avoa ecolóxica (melisa, menta, caléndula e laranxa). Bolsa de 35 gramos.
- Caléndula ecolóxica. Bolsa de 20 gramos.
- Caléndula e Fiúncho. Infusión ecolóxica mestura 50% caléndula e 50% fiúncho. Bolsa de 30 gramos.
- Chantaxe ecolóxica. Bolsa de 30 gramos.
- Hortelá ecolóxica. Bolsa de 30 gramos.
- Madriña (milfollas, menta, sarxa e limón). Bolsa de 35 gramos.
- Macela ecolóxica. Bolsa de 30 gramos.
- Melisa ecolóxica. Bolsa de 30 gramos.
- Menta piperita ecolóxica. Bolsa de 30 gramos.
- Milfollas ecolóxica. Bolsa de 40 gramos.
- Milfollas con menta. Infusión ecolóxica mestura 65% milfollas e 35% menta. Bolsa 40 gramos.
- Chantaxe, caléndula e tomiño. Infusión ecolóxica mestura 70% chantaxe, 27% caléndula e 3% tomiño. Bolsa de 35 gramos.
- Ourego ecolóxico. Bolsa de 30 gramos.
- Padriño (romeu, hibisco, chantaxe e canela). Bolsa de 35 gramos.
- Romeu ecolóxico. Bolsa de 40 gramos.
- Salvia ecolóxica. Bolsa de 30 gramos.
- Tomiño limonado ecolóxico. Bolsa de 30 gramos.
Estas infusións ecolóxicas están cultivadas por Milhulloa, unha cooperativa de mulleres da Comarca da Ulloa.
Calificación Comentarios (0)