Este lombo curado destaca polo seu valor nutritivo e o seu contido en graxa reducido, pero, sobre todo, destaca polo seu sabor. Degustarás unha carne seleccionada con esmero e seguindo uns estándares de calidade altos, para levar á túa mesa o mellor embutido.
O proceso de elaboración é natural e tradicional. En Embutidos Suarna respectan os tempos de elaboración e curado que necesita o produto. Non engaden elementos químicos e seguen unha receita como a de antes, poñendo todo o mimo para que cada lombo que sae do seu taller artesanal sexa exquisito. Isto conséguese utilizando materia prima e condimentos de gran calidade.
O lombo curado artesanal envíase envasado ao baleiro e consómese en cru, cortado en liscos para picar como embutido ou tamén para bocadillos.
Os amantes do embutido non poden deixar pasar este lombo embuchado artesanal de Embutidos Suarna. Descúbreo!
A produción realízase na comarca dos Ancares, en Navia de Suarna, unha terra cunha longa historia na elaboración de embutidos artesanais. En Embutidos Suarna aprezan esa tradición, e actualízana para aplicala nos seus procesos de elaboración. Así se consegue un sabor inigualable.
Calificación Comentarios (0)