Butelo artesán - Embutidos Suarna
Butelo artesán - Embutidos Suarna
Butelo artesán - Embutidos Suarna
Butelo artesán - Embutidos Suarna

Butelo artesán - Embutidos Suarna

O butelo ou botelo é un embutido tradicional da zona dos Ancares, elaborado de forma artesanal por Embutidos Suarna, seguindo a receita tradicional para conseguir un sabor auténtico.

  • Carne de porco seleccionada pola súa calidade.
  • Afumado con leña de carballo que lle aporta un sabor tradicional e auténtico.
  • É un embutido que necesita ser cociñado para o seu consumo.
  • Peso aproximadamente de 900 gramos, podendo variar.
Peso
Out-of-Stock
19,99 €
IVE incluido

Descrición

Se che gusta o butelo tradicional, este que elaboran en Embutidos Suarna non ten nada que envexar aos que se realizan nas casas da montaña de Lugo desde hai varias xeracións. É que neste taller artesanal de embutidos senten un gran respeito pola receita e a elaboración tradicional e gárdana e replícana no seu obradoiro.

Se nunca probaches o butelo, sen dúbida degustar este de elaboración artesanal na provincia de Lugo é unha das mellores opcións. Pero lembra, que é un tipo de embutido que necesita ser cocido para o seu consumo.

O butelo artesán elabórase cun 70 % de costela, magro, espinazo, pel e cabeza de porco. Tras cortar a carne, adóbase con pemento doce, pemento picante e outras especias, para logo embutila en cegos, vexigas ou estómagos de porco. Posteriormente afúmanse os butelos con leña de carballo e cúranse durante varios días.

Embutidos Suarna garante sempre a máxima calidade dos seus produtos, para conseguir o aroma afumado e a intensidade do seu sabor. A elaboración destes embutidos artesanais faise a beiras de río Navia, na Póboa de Navia de Suarna.

Detalles do produto

11012002

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

12 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.