Chourizo curado afumado de porco...
Chourizo curado afumado de porco...
Chourizo curado afumado de porco...
Chourizo curado afumado de porco...

Chourizo curado afumado de porco celta - Céltico

Chourizos de porco celta elaborados un a un, de forma artesanal. Céltico cría os seus porcos de raza autóctona galega en liberdade e aliméntaos de forma natural.

  • Receita tradicional, con materia prima de alta calidade.
  • Afumados con leña de carballo.
  • Envasados ao baleiro en paquetes de 4 chourizos aproximadamente.
Peso
6,75 €
IVE incluido

Descrición

Céltico elabora os seus embutidos de forma tradicional, chourizo a chourizo. Seleccionan as pezas de carne magras e adóbanas con pemento doce, para posteriormente embutirlas en tripa de porco e comezar o seu proceso de curación afumándoos con leña de carballo. Este proceso de afumado, tal como leva realizando nas aldeas do Xistral durante xeracións, é capaz de trasladar aos chourizos de porco celta o sabor do auténtico.

Os chourizos envíanse envasados ao baleiro, nunha bolsa hermética que garante a súa conservación durante máis tempo. Os produtos de Céltico levan o selo de ASOPORCEL, a asociación que regula e recupera a raza autóctona porco celta. Este selo é toda unha garantía de que estes embutidos son elaborados con carne de porco 100% porco celta.

Estes porcos, críanse en liberdade na Serra do Xistral, comarca da Terra Chá. Nos seus bosques, os porcos aliméntanse de forma natural, de castañas e cereais que lle dan á súa carne maior sabor. Esta cría en extensivo e respectando os tempos da natureza fan que os chourizos de porco celta de Céltico sexan de excelente calidade e con todo o sabor da tradición.

Detalles de producto

11013007

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.