Touciño entrefebrado salgado porco...
Touciño entrefebrado salgado porco...
Touciño entrefebrado salgado porco...

Touciño entrefebrado salgado porco celta - Céltico

Céltico elabora os seus produtos de porco celta con respecto pola tradición e mimo para conseguir o sabor máis auténtico. Sabor auténtico é o que atoparás neste touciño entrefebrado.

  • Equilibrio perfecto de graxa e carne magra, 100% porco celta.
  • Porcos criados en liberdade nos bosques do Xistral, con alimentación natural.
  • Touciño entrefebrado curado seguindo procesos naturais, sen conservantes. Envasado ao baleiro.
Peso
5,70 €
IVE incluido

Descrición

Touciño entrefebrado de porco celta, unha raza autóctona galega que se caracteriza por unha carne de gran calidade e sabor. Este touciño ten vetas de carne magra entre a graxa.

Todos os porcos de Céltico críanse en liberdade, seguindo o ritmo das estacións nos bosques da provincia de Lugo. A súa alimentación é totalmente natural e sa: castañas, landras ou cereais. Esta forma de criar os porcos de forma tradicional e en liberdade, ten como resultado un touciño con vetas de carne, con moito sabor e un bo equilibrio entre graxa e magro.

Para a curación deste touciño de porco celta utilízase a técnica de salgadura e secado natural, da mesma forma que se leva facendo durante xeracións. Este é un produto sen colorantes, que se envía envasado ao baleiro nunha bolsa hermética para garantir que che chega a casa con todo o seu sabor e aroma. Recomendámosche que o manteñas nun sitio fresco e seco.

O touciño entrefebrado de porco celta de Céltico conta coa certificación de ASOPORCEL, unha asociación que agrupa aos criadores desta raza autóctona e que garante que todos os seus produtos son elaborados con carne 100 % de raza porco celta. Os porcos de raza porco celta de Céltico habitan os bosques da comarca da Terra Chá e a Serra do Xistral.

Detalles de producto

11013008
6 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.