Chourizo curado artesanal picante - Embutidos Suarna
Chourizo curado artesanal picante - Embutidos Suarna
Chourizo curado artesanal picante - Embutidos Suarna
Chourizo curado artesanal picante -...
Chourizo curado artesanal picante -...
Chourizo curado artesanal picante -...

Chourizo curado artesanal picante - Embutidos Suarna

Un chourizo artesanal cun toque picante que sabe conservar o sabor da tradición e do embutido auténtico.

  • Elaborado no taller artesanal de Embutidos Suarna, en Navia de Suarna.
  • Condimentado con pemento picante para darlle un extra de sabor.
  • Bolsa envasada ao baleiro de 4/5 unidades.
Peso
6,60 €
IVE incluido

Descrición

Este chourizo artesanal picante de Embutidos Suarna é unha auténtica delicia. Un produto elaborado con carne seleccionada (magro e touciño de porco).

No taller de embutidos artesanais de Embutidos Suarna pican a carne, adóbana con sal, allo e pemento picante, para logo embutila en tripas naturais de porco. O seguinte paso é conseguir curalos ou deshidratarlos de forma natural e para iso, seguindo a tradición, afúmanse con leña de carballo.

Estes chourizos picantes dos Ancares están envasados ao baleiro en bolsas de catro ou cinco unidades. Desta forma conséguese parar en certa medida o proceso de curación, illando o chourizo do exterior. Se queres que se curen máis, só tes que sacalos da bolsa e deixalos a temperatura ambiente nun sitio que non lles dea luz directa do sol.

Poderás comer os chourizos picantes de Embutidos Suarna crus, asados á brasa ou tamén cocidos. O amor pola tradición é un piar básico en Embutidos Suarna e iso nótase na produción que realizan. Desde Navia de Suarna continúan as técnicas que pasaron dunha xeración a outra, o que lles permite diferenciarse doutro tipo de chourizos, tanto en calidade como en sabor.

Detalles do produto

11012004

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

10 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.