Androlla artesá - Embutidos Suarna
Androlla artesá - Embutidos Suarna
Androlla artesá - Embutidos Suarna

Androlla artesá - Embutidos Suarna

A androlla é un embutido tradicional da provincia de Lugo, pero sen dúbida, se hai unha androlla artesá por excelencia, esa é a androlla de Navia de Suarna.

  • Elaborada de forma artesanal e con ingredientes de primeira calidade.
  • Afumada seguindo o método tradicional, con leña de carballo.
  • Elaborada con carne de porco, pemento, sal, ourego e allo.
Peso
7,60 €
IVE incluido

Descrición

Cun sabor intenso a embutido adobado e afumado, a androlla artesá de Navia de Suarna é un produto que consegue trasladar ao teu prato o gusto máis auténtico dunha elaboración tradicional.

A androlla cocida, adoita formar parte dos cocidos de inverno da montaña lucense, acompañada de patacas e verduras como grelos ou verzas. Por iso a tradición di que a mellor forma de cociñar a androlla é cocida: ponse nunha pota con abundante auga a lume forte ata que ferve. Cando rompe a ferver, báixase o lume ao mínimo e cócese durante aproximadamente unha hora e media.

Cando falamos de androlla, inmediatamente temos que falar de Embutidos Suarna, un taller artesanal de embutidos que están especializados en elaborar este produto coa mesma receita que se utilizou nas casas dos Ancares, xeración tras xeración. Seleccionan carnes de porco e peles, adóbanas con pemento, sal, ourego e allo, para posteriormente embutilo na tripa natural de porco que lle dá ese marcado aspecto visual.

Esta elaboración afúmase con leña de carballo e ponse a curar durante varios días. Este proceso tradicional é o que permite conseguir un produto de calidade superior e sabor único, cun toque picante inconfundible.

Na Póboa de Navia de Suarna, un lugar con historia da comarca dos Ancares, é onde está o taller artesán de Embutidos Suarna. Desde alí, levamos todo o sabor da tradición ata a túa casa, garantindo o proceso de envío para que recibas o teu pedido nunhas condicións óptimas.

Detalles de producto

11012005
3 elementos:

Calificación Comentarios (0)

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.