Chourizo artesanal - Embutidos Suarna
Chourizo artesanal - Embutidos Suarna
Chourizo artesanal - Embutidos Suarna

Chourizo artesanal - Embutidos Suarna

Chourizos elaborados nos Ancares de forma artesanal e con carne de porco de altísima calidade por Embutidos Suarna.

  • Chourizos curados de elaboración artesanal.
  • Categoría Extra, as mellores carnes de porco seleccionadas.
  • Bolsa de 4/5 unidades.
Peso
5,65 €
IVE incluido

Descrición

Embutidos naturais, elaborados como os chourizos caseiros que se fan nos pobos dos Ancares: a mellor carne de porco, allo, sal e pemento.

En Embutidos Suarna, seguen os procesos artesanais para poder achegar á túa mesa uns chourizos con todo o sabor da receita tradicional. Os chourizos de Embutidos Suarna están elaborados con carne magra de porco e touciño de porco. Aderézanse con allo, sal e pemento (doce ou picante) para despois embutirlos en tripa natural de porco. Átanse e cólganse para secar de forma natural, afumándoos con leña de carballo.

Este proceso respecta ao máximo as materias primas e o sabor dos chourizos caseiros. Enviamos os chourizos envasados ao baleiro, en bolsas de 4/5 unidades. Deste xeito, os chourizos pódense conservar durante máis tempo protexidos dos elementos externos que poden acurtar o seu tempo de consumo. A curación dos chourizos non se interrompe, polo que se queres uns chourizos máis curados e duros, podes sacalos da bolsa e colgalos nun lugar fresco no que non lles dea a luz.

Embutidos Suarna elaboran os seus chourizos desde o ano 2001 no Taller Artesanal que ten en Navia de Suarna, Comarca de Ancares, seguindo un proceso fiel á tradición e no que manda sempre a calidade. Se aos nosos avós e avoas lles dixesen que se podía comprar en liña chourizos dos Ancares e recibilos en calquera punto dunha forma rápida, non o crerían!

Detalles de producto

11012006
6 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.