Embutidos Villabol nace como unha empresa artesanal coa filosofía de ofrecer aos seus clientes un produto de calidade que conserve todos os sabores de antes, cunha elaboración, un afumado natural con leña de carballo e un secado e curación en secadeiro natural co aire da montaña luguesa. Para elo elaboran os seus produtos con carnes da mellor calidade, adobadas con pementón de primeira calidade e allo natural.
A elaboración artesanal, a lenta curación co fume e o calor do carballo, así como o aire limpo da montaña, confírenlle o sabor e aroma característicos dos embutidos galegos.
A fábrica está ubicada na aldea de Villabol, parroquia de San Pedro de Quintá, no concello de As Nogais, na provincia de Lugo. En plena montaña dos Ancares lugueses, pero moi próxima ás principais estradas (N-VI, A6).
Calificación Comentarios (0)