Embutidos naturais, elaborados como os chourizos frescos caseiros que se fan nos pobos dos Ancares: a mellor carne de porco, allo, sal e pemento.
En Embutidos Suarna seguen os procesos artesanais para poder achegar á túa mesa uns chourizos con todo o sabor da receita tradicional. Os chourizos de Embutidos Suarna están elaborados con carne magra de porco e touciño de porco. Aderézanse con allo, sal e pemento (doce ou picante) para despois embutilos en tripa natural de porco.
Este proceso respecta ao máximo as materias primas e o sabor dos chourizos caseiros. Enviamos os chourizos envasados ao baleiro, en bolsas de 4/5 unidades. Deste xeito, os chourizos poden conservarse durante máis tempo protexidos dos elementos externos que poden acurtar o seu tempo de consumo.
Un proceso fiel á tradición e no que manda sempre a calidade. Se aos nosos avós e avoas lles dixesen que se podía comprar en liña chourizos dos Ancares e recibilos en calquera punto dunha forma rápida, non o crerían!
Calificación Comentarios (0)