Chourizo fresco artesanal - Embutidos Suarna
Chourizo fresco artesanal - Embutidos Suarna
Chourizo fresco artesanal - Embutidos Suarna
Chourizo fresco artesanal - Embutidos...
Chourizo fresco artesanal - Embutidos...
Chourizo fresco artesanal - Embutidos...

Chourizo fresco artesanal - Embutidos Suarna

1 paquete de 750 g aprox.

Chourizos frescos elaborados nos Ancares de forma artesanal e con carne de porco de altísima calidade por Embutidos Suarna.

  • Chourizos de elaboración artesanal.
  • Categoría Extra, as mellores carnes de porco seleccionadas.
  • Bolsa ao baleiro de 6 unidades aprox. 
Out-of-Stock
12,00 €
IVE incluido

Descrición

Embutidos naturais, elaborados como os chourizos frescos caseiros que se fan nos pobos dos Ancares: a mellor carne de porco, allo, sal e pemento.

En Embutidos Suarna seguen os procesos artesanais para poder achegar á túa mesa uns chourizos con todo o sabor da receita tradicional. Os chourizos de Embutidos Suarna están elaborados con carne magra de porco e touciño de porco. Aderézanse con allo, sal e pemento (doce ou picante) para despois embutilos en tripa natural de porco. 

Este proceso respecta ao máximo as materias primas e o sabor dos chourizos caseiros. Enviamos os chourizos envasados ao baleiro, en bolsas de 4/5 unidades. Deste xeito, os chourizos pódense conservar durante máis tempo protexidos dos elementos externos que poden acurtar o seu tempo de consumo.

Un proceso fiel á tradición e no que manda sempre a calidade. Se aos nosos avós e avoas lles dixesen que se podía comprar en liña chourizos dos Ancares e recibilos en calquera punto dunha forma rápida, non o crerían! 

Detalles do produto

11012011

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

13 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.