Roxóns - Embutidos Suarna
Roxóns - Embutidos Suarna
Roxóns - Embutidos Suarna
Roxóns - Embutidos Suarna

Roxóns - Embutidos Suarna

Roxóns de porco de 300-400 g aprox.

Últimos artigos en stock
5,60 €
IVE incluido

Descrición

A historia comezou hai máis de vinte anos, cando botou a andar a festa de exaltación deste produto no concello. Mari e o seu home, Hortensio Díaz Robledo, fixeran 50 unidades para vendelas, aproveitando o escaparate do seu supermercado no centro da vila. Parecíalles moito, pero o ano seguinte esgotaron as 300 xa antes do día da feira. Vista a demanda e as necesidades familiares, preguntáronse por que non montar un obradoiro.

Dos seus secadoiros tamén penden butelos da Montaña, anoados no estómago, e pigureiros, embutidos no cego. Chourizos, lomo, cecina, lingua ou panceta viñeron sumarse á oferta, toda ela certificada coa Carta de Artesanos nunha fábrica que tamén dispón do título de Taller Artesanal. Son cinco mulleres da zona as que traballan nela baixo a dirección de Mari, que continuou coa empresa logo do falecemento do seu home. Non se ve o fume de carballo no embutido, pero é esencial para darlle sabor. Así tamén o é a comarca, a conciliación, a forza e a superación. De todos eses ingredientes tamén están feitos os Embutidos Suarna.  

Detalles do produto

11012009
2 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

13 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.