Chourizo celta picante - Céltico
Chourizo celta picante - Céltico

Chourizo celta picante - Céltico

Chourizo picante de porco celta, elaborado de forma artesanal, con carne de gran calidade, procedente de porcos criados en semiextensivo por Céltico nos bosques de Muras.

  • Certificado por ASOPORCEL como 100% porco celta.
  • Procedencia de porcos alimentados de forma natural.
  • Envío envasado ao baleiro.
  • Pack inclue 4 chourizos.
6,00 €
IVE incluido

Descrición

Un chourizo galego picante de porco celta de gran calidade e sabor. Co punto xusto de picante, este embutido elabórase con carne de porco e métese en tripa natural.

Toda a carne utilizada procede de porcos 100% porco celta, como garante o selo de ASOPORCEL, a asociación que agrupa aos criadores desta raza autóctona galega.

O envío deste produto faise envasado ao baleiro, para garantir a súa frescura e interromper o seu proceso de curación. Co envase sen abrir, podes conservar o chourizo fresco durante máis tempo. Unha vez abres o envase, debes gardar os chourizos na neveira ou nun sitio frio.

En Céltico apostaron por elaborar no Concello de Muras produtos de gran calidade seguindo o modelo de cría tradicional do porco celta na provincia de Lugo.

Detalles de producto

11013010

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.