Touciño branco salgado de porco celta - Céltico
Touciño branco salgado de porco celta - Céltico
Touciño branco salgado de porco celta - Céltico
Touciño branco salgado de porco celta...
Touciño branco salgado de porco celta...
Touciño branco salgado de porco celta...

Touciño branco salgado de porco celta - Céltico

Touciño de porco celta, procedente de porcos criados nos bosques da provincia de Lugo por Céltico.

  • 100% pura raza autóctona porco celta. ASOPORCEL.
  • Porcos alimentados de forma natural.
  • Envasado ao baleiro.
Peso
4,70 €
IVE incluido

Descrición

Céltico cría os seus porcos en semiextensivo, pastando en liberdade nos montes da Serra do Xistral e alimentados de forma natural. O proceso do curado deste touciño tamén se fai seguindo a tradición: salgadura, secado e curado. Con este tipo de produción, o resultado é un touciño de porco celta con todo o sabor.

Este é un touciño branco, que non ten vetas de carne. Ademais de para comer en cru, utilízase en diferentes receitas tradicionais galegas e tamén como graxa para untar grellas ou tixolas achegando un extra de sabor ao cociñado (filloas, carnes…).

Céltico pertence á asociación de criadores de porco celta ASOPORCEL, que certifica que todos os seus produtos son de porcos 100% raza autóctona porco celta.

En Son de Lugo prestamos unha especial atención a que os produtos cheguen á túa casa nunhas condicións óptimas. Enviamos o touciño de porco celta envasado ao baleiro nunha bolsa totalmente hermética. Desta forma pódelo conservar durante máis tempo na túa despensa. Recomendámosche que o saques desta embalaxe como mínimo unha hora antes do seu consumo.

Céltico son unha pequena marca produtora da provincia de Lugo, pero que xa se converteron en todo un referente en canto a porco celta e a elaboración de produtos gourmet desta raza autóctona.

Detalles de producto

11013009
14 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.