Salchichón de poldro e porco celta -...
Salchichón de poldro e porco celta -...

Salchichón de poldro e porco celta - Céltico

Un salchichón gourmet elaborado por Céltico con carne de poldro e de porco celta. Un produto artesanal elaborado con carne de dúas razas autóctonas galegas.

  • 80% magro de poldro galego e 20% touciño de porco celta.
  • Elaboración e curación artesanal.
  • Envío envasado ao baleiro.
Peso
6,75 €
IVE incluido

Descrición

Renovando a receita tradicional do salchichón, esta vez o poldro achega o magro e o porco celta a graxa. Tan só necesita engadir o punto de especias e sal que lle dan un sabor tan auténtico.

Para conseguir este salchichón gourmet, utilízase un 80% de carne de magro de poldro galego pura raza autóctona e un 20% de touciño branco de porco pura raza porco celta.

En Son de Lugo preocupámonos por levar á túa casa os mellores produtores e as materias primas da provincia de Lugo. Todos os embutidos envíanse envasados ao baleiro, de forma que os poidas conservar durante máis tempo na túa despensa. Recomendámosche que antes de consumir este salchichón de poldro e porco celta, o saques da bolsa na que o envasamos e o deixes a temperatura ambiente durante como mínimo unha hora. Desta forma gozaralo con todo o seu aroma e sabor.

En Céltico apostaron por elaborar no Concello de Muras produtos de gran calidade e un sabor excepcional. Este salchichón é a proba diso.

Detalles de producto

11013003
3 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.