Unto de porco celta - Céltico
Unto de porco celta - Céltico
Unto de porco celta - Céltico
Unto de porco celta - Céltico
Unto de porco celta - Céltico
Unto de porco celta - Céltico

Unto de porco celta - Céltico

O aroma da tradición e das receitas de antano. O unto de porco celta é a graxa que recubre o intestino e tamén é o secreto de moitas receitas galegas.

  • 100% Porco Celta, elaborado por Céltico e certificado por ASOPORCEL.
  • Procedencia de porcos criados e alimentados nos bosques de Lugo.
  • Envío envasado ao baleiro.
Peso
2,55 €
IVE incluido

Descrición

O unto de porco celta ten un sabor intenso e é unha graxa de calidade excepcional.

Un ingrediente indispensable para darlle sabor a algunhas receitas da cociña galega tradicional, que achega o aroma da tradición como ningún outro.

Esta graxa branca adóitase engadir a receitas da cociña galega tradicional, especialmente a caldos e cocidos. Tamén se pode engadir un pouco de unto no aceite para facer frituras, como no caso das troitas ou mesmo as patacas fritas.

Enviamos o unto de porco celta envasado ao baleiro, unha vez aberta a bolsa, pódelo conservar nun recipiente hermético durante varios meses.

Agora podes comprar en liña unto galego da máxima calidade xa que procede dos animais de raza porco celta que ten Céltico nos bosques de Muras, en Lugo. Conta co certificado e a garantía de calidade de ASOPORCEL, a asociación de criadores desta raza autóctona.

Detalles de producto

11013004
15 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.