Lombo de cana de porco celta - Céltico
Lombo de cana de porco celta - Céltico

Lombo de cana de porco celta - Céltico

Cana de lombo de porco celta elaborado por Céltico na comarca da Terra Chá.

  • 100% Porco Celta, certificado por ASOPORCEL.
  • Animais criados e alimentados en liberdade nos bosques de Lugo.
  • Envío en bolsa hermética, envasado ao baleiro.
Peso
Últimos artigos en stock
5,50 €
IVE incluido

Descrición

O lombo de cana de porco celta de Céltico é unha experiencia para os sentidos, prepárate para gozar do sabor dun lombo auténtico.

Elaborado a partir de carne de porco 100% raza porco celta que se crían en liberdade e aliméntanse de forma natural. Este método de cría tradicional, fai que a carne sexa zumarenta e con sabor.

O lombo de porco celta elabórase de forma artesanal e respectando tanto os métodos de cría como de produción tradicionais. Está adobado con pemento e o punto xusto de salgadura. Podes combinalo con outros produtos de porco celta que vendemos na nosa web para conseguir a mellor táboa de embutidos.

Enviamos os embutidos de Céltico envasados ao baleiro, para que os poidas conservar durante máis tempo e controlar o seu proceso de curación.

Desde o seu nacemento no Concello de Muras, en Céltico propuxéronse sacar ao mercado só produtos exquisitos e dunha calidade excepcional. Un lombo de porco celta creado por e para amantes desta raza de porco autóctona de Galicia.

Detalles de producto

11013005
2 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.