Cabeceiro de lombo de porco celta -...
Cabeceiro de lombo de porco celta -...

Cabeceiro de lombo de porco celta - Céltico

A cabeza ou cabeceiro de lombo de porco celta é un embutido gourmet, rico en graxa infiltrada e de sabor intenso. Está elaborado por Céltico, criadores de porco celta de Muras, en A Terra Chá.

  • Raza autóctona de Galicia, 100% Porco Celta. ASOPORCEL.
  • Animais criados en semiextensivo e alimentados de forma natural.
  • Envío envasado ao baleiro.
Peso
7,65 €
IVE incluido

Descrición

En Céltico son gardiáns dos métodos de cría tradicionais da montaña lucense. Crían os seus porcos de raza porco celta nos bosques da provincia de Lugo, en liberdade. A alimentación destes animais faise de forma natural, principalmente comen landras, tubérculos e raíces.

O cabeceiro de lombo de porco celta é un lombo con graxa infiltrada, o que lle dá unha textura zumarenta e un sabor intenso. Fai unha boa combinación en pratos de embutidos, con queixos e maridado cun bo viño tinto.

Este produto está certificado por ASOPORCEL, a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta. Esta asociación actúa como ente regulador da calidade do porco celta e a súa comercialización. O seu selo só o poden levar produtos que proceden de porcos de pura raza e que tanto a súa alimentación como a súa cría segue uns estritos controis de calidade.

Céltico é un pequeno produtor de raza autóctona porco celta, que desde Muras conseguiu converter os seus embutidos e produtos nun referente en canto a porco celta.

Detalles de producto

11013006

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.