• Pack
Aperitivo de montaña

Aperitivo de montaña

Son de Lugo inclúe produtores de diferentes zonas, como a montaña lucense, caracterizada polo seu bo comer: dende a mellor tenreira galega suprema a embutidos, sen esquecernos das súas hortas e bodegas.

Cesta de produtos da montaña lucense ideais para un picoteo de fin de semana.

1 Empanada de montaña O pan de Iria

1 Pan de mezcla de trigo galego O pan de Iria

2 Racións de tenreira guisada Asgafon

2 Cervexas Píntega

1 Lombo Suarna

1 Chourizo picante Suarna

Saída os xoves e entrega os venres.

ENVÍO GRATUÍTO

Este pack contén

82,00 €

en lugar de 87,68 €

IVE incluido

Descrición

Un lote de produtos da montaña lucense cos que gozar do sabor desta terra:

1 empanada de montaña O pan de Iria de 800-900g: da mestura dun forno tradicional e unha tenreira galega suprema de Asgafon, panceta de porco, cebola e pemento vermello sae esta empanada de montaña que non defrauda.

1 pan de mestura de trigo galego O pan de Iria de 1kg aproximadamente: con forno tradicional e unha coidadosa selección de fariñas de trigo e centeo sae un pan con auténtico sabor galego.

1 botella de viño tinto Adega Sidrón: unha pequena adega de Piega en Negueira de Muñiz ofrece un viño Indicación Xeográfica Protexida Terras do Navia.

2 racións de tenreira guisada Asgafon de 400g cada ración: da mellor tenreira galega Suprema de Asgafon e guisado á maneira tradicional destas terras con produtos dos nosos agricultores locais saborearás un rico prato de comida caseira con selo de calidade Tenreira Galega Suprema.

2 cervexas Píntega: cervexa artesá elaborada nas montañas da Fonsagrada seguindo un proceso de elaboración totalmente artesanal.

1 lombo embutido Suarna: de embutidos Suarna e con todo o sabor e respecto a a tradición inclúe carne de cana do lombo do porco seleccionado pola súa calidade e condimentado con pemento, allo e aceite de oliva embutido en tripa de porco.

1 chourizo picante Suarna en bolsas de 4 unidades e aproximadamente 350g: Elaborado no taller artesanal de Embutidos Suarna, en Navia de Suarna, cun toque picante que sabe conservar o sabor da tradición e do embutido auténtico.

1 zume de mazá Ribeiregas de 1litro: da Ribeira do Navia sale este zume de mazá doce e natural, sen aditivos nin edulcorantes.

Detalles do produto

CESTA 3
29 elementos:

Calificación Comentarios (0)

4 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.