Cadeira de Tenreira - Asgafon
Cadeira de Tenreira - Asgafon
Cadeira de Tenreira - Asgafon
Cadeira de Tenreira - Asgafon
Cadeira de Tenreira - Asgafon
Cadeira de Tenreira - Asgafon

Cadeira de Tenreira - Asgafon

O corte de carne da cadeira da tenreira adóitase utilizar para facer á prancha ou para asados e guisos. Asgafon cría os seus animais en liberdade nos montes da Fonsagrada, conseguindo unha carne de excelente calidade e sabor.

  • Selo de calidade de Tenreira Galega Suprema.
  • Animais alimentados de forma natural.
  • Envío envasada ao baleiro en bolsas herméticas e en transporte refrixerado.
Tipo de corte
Tipo de envasado
22,50 €
IVE incluido

Descrición

En Son de Lugo seleccionamos as mellores materias primas e produtores da provincia de Lugo para achegarchos á túa casa da forma máis cómoda. Nesta selección non podía faltar este corte da cadeira da tenreira de Asgafon, que ten o mellor sabor e toda a calidade da carne da montaña da Fonsagrada.

Esta peza de cadeira de tenreira procede de animais criados en liberdade, de entre 8 e 10 meses de idade, que son alimentados dunha forma totalmente natural e saudable, co leite das súas nais e outros alimentos como patacas e remolachas.

Todo este esforzo e coidado na cría dos seus animais válelle á Asociación de Gandeiros A Fonsagrada o Selo de Tenreira Galega Suprema para toda a súa carne.

A cadeira é unha carne tenra, zumarenta e con sabor, ideal para preparar á prancha, á grella ou en receitas máis elaboradas de carne en salsa ou guisos. Ademais, esteas onde esteas, o teu pedido chegarache fresco e nunhas condicións óptimas, xa que envasamos toda a carne ao baleiro e enviámoscha en transporte refrixerado. Se non queres preparala inmediatamente despois de recibir o teu pedido, podes conxelala sen problema na mesma bolsa hermética en que a enviamos.

A carne de tenreira de Asgafon procede na súa totalidade da comarca da Fonsagrada, unha zona coñecida pola calidade e sabor auténtico da súa alimentación tradicional.

Detalles do produto

10001001
92 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.