Solombo de Tenreira - Asgafon
Solombo de Tenreira - Asgafon
Solombo de Tenreira - Asgafon
Solombo de Tenreira - Asgafon

Solombo de Tenreira - Asgafon

Se queres gozar na túa casa dun bo solombo de tenreira, descobre o sabor da montaña de Lugo da man da Asociación de Gandeiros A Fonsagrada. Que o fai tan especial?

  • Conta co selo de Tenreira Galega Suprema.
  • Procede de tenreiros de entre 8 e 10 meses, criados en liberdade e alimentados de forma natural.
  • Enviámoscho envasado ao baleiro para que che chegue nunhas condicións óptimas.

Tipo de corte
Tipo de envasado
35,00 €
IVE incluido

Descrición

Tanto pola súa exquisita e tenra carne coma polo seu sabor, seleccionamos para a nosa tenda en liña o solombo de Tenreira Galega Suprema de Asgafon.

Como se consegue unha carne con esta calidade suprema?

Nas ganderías en extensivo dos socios de Asgafon críanse os tenreiros en liberdade durante 8 ou 10 meses e aliméntanse con comida 100% natural, coma o leite que producen as súas nais ou as patacas que se cultivan na zona.

Este modelo de cría tradicional, respectando os tempos da natureza, fai que a carne teña un inconfundible sabor e tenrura. Un solombo supremo.

O solombo é un dos cortes de carne máis nobres e demandados da tenreira. O máis habitual é cociñalo en medallóns, á prancha, brasa ou grella, acompañado dalgunha salsa (de pementa, queixo ou whisky). Pero tamén se utiliza para outro tipo de elaboracións, coma o famoso solombo Wellington.

En Son de Lugo facemos unha selección dos mellores produtos e materias primas da provincia de Lugo para achegarchos á túa casa da forma máis sinxela. Preocupámonos porque uns produtos de tanta calidade cheguen ao teu domicilio nunhas condicións óptimas.

Enviámosche o solombo envasado ao baleiro e en transporte refrixerado. A bolsa na que vai pechado ao baleiro é apta para conxelar, polo que se non vas cociñalo nos días seguintes a recibilo, podes conxelalo sen que perda propiedades ou sabor.

Nas explotacións gandeiras de Asgafon conseguen manter unha filosofía e un modelo de cría tradicional, como se leva facendo nas montañas de A Fonsagrada desde hai décadas. Isto tradúcese nunha carne de tenreira de excelente calidade recoñecida por todos.

Detalles do produto

10001004

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.