Redondo de Tenreira - Asgafon
Redondo de Tenreira - Asgafon
Redondo de Tenreira - Asgafon
Redondo de Tenreira - Asgafon
Redondo de Tenreira - Asgafon
Redondo de Tenreira - Asgafon

Redondo de Tenreira - Asgafon

O redondo de tenreira de Asgafon caracterízase polo seu excelente sabor e calidade. Que o distingue?

  • Conta co selo de calidade de Tenreira Galega Suprema.
  • Enviámolo envasado ao baleiro en transporte refrixerado.
  • Método de cría tradicional: animais en liberdade nos montes da Fonsagrada.
Tipo de corte
Tipo de envasado
17,60 €
IVE incluido

Descrición

En Son de Lugo seleccionamos os mellores produtores e materias primas da provincia de Lugo para achegalas á túa mesa. Este redondo de tenreira procede de tenreiras de entre 8 e 10 meses, criadas totalmente en liberdade e alimentadas como se fixo xeración tras xeración: con produtos naturais. coma o leite materno ou o pasto dos prados da Fonsagrada.

Esta forma de entender a gandería permitiu aos socios de Asgafon contar co selo de calidade de Tenreira Galega Suprema.

O redondo de tenreira é ideal para preparar en salsa, ao brandy, asado ou estilo rosbif. Acompáñao dunha deliciosa guarnición de puré de cabaza, verduras cocidas ou patacas panadeiras e non necesitarás máis para ter un prato apto para os comensais máis esixentes. Ademais enviámoscho envasado ao baleiro, en bolsas aptas para conxelar.

A nosa prioridade é que os produtos cheguen á túa casa nunhas condicións óptimas, polo que prestamos moita atención á forma de envío. O teu pedido irá sempre nun transporte refrixerado con control de temperatura.

Desfruta do pracer de comprar en liña! Asgafon cría os seus tenreiros na comarca da Fonsagrada. Simplemente, a mellor garantía de calidade.

Detalles do produto

10001008
97 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.