Rabillo de Tenreira - Asgafon
Rabillo de Tenreira - Asgafon
Rabillo de Tenreira - Asgafon
Rabillo de Tenreira - Asgafon
Rabillo de Tenreira - Asgafon
Rabillo de Tenreira - Asgafon

Rabillo de Tenreira - Asgafon

O rabillo de tenreira é un tipo de carne perfecto para que prepares todo tipo de receitas, porque mantén a súa xugosidade, mesmo tras someterse a longos tempos de cocción (asados ou guisos).

  • Tenreira Galega Suprema.
  • Animais criados en liberdade e alimentados de forma natural.
  • Envasado ao baleiro nunha bolsa apta para conxelar.
Tipo de corte
Tipo de envasado
17,95 €
IVE incluido

Descrición

O rabillo de Tenreira Galega Suprema é un tipo de carne perfecto para toda a familia. Un corte magro, con escaso contido en graxa e cun sabor suave. Adáptase moi ben a guisos, pero tamén a asados ou empanados. A carne queda sempre tenra e absorbe ben o aroma de condimentos ou especias que engadas durante a súa cocción.

Toda a carne de tenreira que podes comprar en Son de Lugo procede de Asgafon, onde os gandeiros e gandeiras seguen un método de cría tradicional para obter unha carne de máxima calidade.

Enviamos a peza envasada ao baleiro para que a consumas nos días posteriores a recibir o teu pedido ou, se o prefires, podes conxelala nesa mesma bolsa hermética.

Non te preocupes polo transporte! Prestamos especial atención a que os teus pedidos cheguen ao teu domicilio nunhas condicións óptimas, por iso traballamos con transporte refrixerado cun exhaustivo control de temperatura en todo momento.

Apostamos por levar á túa mesa a máxima calidade e por seleccionar a mellor materia prima da provincia de Lugo. Neste caso, transportamos un pouco de A Fonsagrada ata a túa casa para que goces de todo o seu sabor.

Detalles do produto

10001010
100 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.