Ósos de Tenreira - Asgafon

Ósos de Tenreira - Asgafon

Se queres darlle sabor e cor ás túas sopas e caldos, tes que probar os ósos de tenreira de Asgafon. Que os distingue?

  • Contan con certificación de Tenreira Galega Suprema.
  • Enviámoschos limpos e envasados ao baleiro, listos para cociñar.
  • Animais criados en liberdade e alimentados de forma natural.
Tipo de envasado
5,95 €
IVE incluido

Descrición

Os ósos de tenreira son excelentes para cociñar todo tipo de sopas, caldos ou fondos que acheguen sabor a outras elaboracións e receitas. Guisos de carne, callos, cocidos ao estilo madrileño, sopas de verduras ou calquera outro prato ao que queiras dar un extra de sabor.

Estes ósos de tenreira están seleccionados a partir da mellor tenreira. Distínguense pola súa excelente calidade, de feito, contan coa certificación de Tenreira Galega Suprema. Que significa este certificado? Este é un dos selos de calidade máis esixentes da Unión Europea e avala que estes ósos de tenreira proceden de animais criados en liberdade e alimentados de maneira 100 % natural en Galicia.

Ademais, para que non te teñas que preocupar por nada, enviámoschos envasados ao baleiro, limpos e listos para cociñar. E se non os vas cociñar no momento, recomendámosche que os conxeles na mesma bolsa hermética en que os enviamos.

Coma todos os produtos que podes comprar en Son de Lugo e que necesitan neveira, preocupámonos de que o servizo de mensaxería chos entregue nunhas condicións óptimas. Por iso mandámolos en transporte refrixerado, con control de temperatura durante todo o traxecto.

Estes ósos de tenreira proceden de animais nados e criados en A Fonsagrada, un lugar que se distingue polos seus produtos naturais e as súas materias primas de gran calidade. Faite con eles e enriquece os teus pratos como nunca.

Detalles do produto

10001011
85 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.