Fígado de Tenreira - Asgafon

Fígado de Tenreira - Asgafon

Fígado de tenreira de excelente calidade, cunha equilibrada achega nutricional de proteínas, minerais e vitaminas. Un alimento recomendado para toda a familia.

  • Animais criados en liberdade e alimentados de forma natural.
  • Certificación Tenreira Galega Suprema.
  • Envasado ao baleiro en bolsas aptas para conxelar.
Tipo de corte
Tipo de envasado
11,90 €
IVE incluido

Descrición

O fígado de tenreira é un alimento cun sabor moi característico e que ten unha alta adaptabilidade para diversos tipos de receitas: guisado, empanado, á prancha…

Procede de tenreiras galegas en liberdade e alimentadas de forma natural, un modo de vida saudable para os animais e que evita a acumulación de graxa na carne, ao mesmo tempo que lle achega sabor. Esta cría tradicional consegue que o fígado sexa tenro, zumarento e ideal para utilizar na túa cociña.

Enviamos o fígado de tenreira envasado ao baleiro para preservar as súas características e propiedades. Desta forma aguántase na neveira durante varios días, pero recomendamos que se non o vas consumir nos días seguintes a recibir o teu pedido, o conxeles nas mesmas bolsas herméticas nas que o enviamos.

E non te preocupes polo transporte. Os nosos envíos refrixerados garanten que a carne chega en perfectas condicións á túa casa.

O fígado de tenreira galega en liberdade é, sen dúbida, unha alternativa perfecta para completar unha dieta saudable. As tenreiras de Asgafon pastan na zona de A Fonsagrada, nas explotacións gandeiras que teñen os socios.

Detalles do produto

10001013
93 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.