O fígado de tenreira é un alimento cun sabor moi característico e que ten unha alta adaptabilidade para diversos tipos de receitas: guisado, empanado, á prancha…
Procede de tenreiras galegas en liberdade e alimentadas de forma natural, un modo de vida saudable para os animais e que evita a acumulación de graxa na carne, ao mesmo tempo que lle achega sabor. Esta cría tradicional consegue que o fígado sexa tenro, zumarento e ideal para utilizar na túa cociña.
Enviamos o fígado de tenreira envasado ao baleiro para preservar as súas características e propiedades. Desta forma aguántase na neveira durante varios días, pero recomendamos que se non o vas consumir nos días seguintes a recibir o teu pedido, o conxeles nas mesmas bolsas herméticas nas que o enviamos.
E non te preocupes polo transporte. Os nosos envíos refrixerados garanten que a carne chega en perfectas condicións á túa casa.
O fígado de tenreira galega en liberdade é, sen dúbida, unha alternativa perfecta para completar unha dieta saudable. As tenreiras de Asgafon pastan na zona de A Fonsagrada, nas explotacións gandeiras que teñen os socios.
Calificación Comentarios (0)