Entrecosto de Tenreira - Asgafon
Entrecosto de Tenreira - Asgafon
Entrecosto de Tenreira - Asgafon
Entrecosto de Tenreira - Asgafon
Entrecosto de Tenreira - Asgafon
Entrecosto de Tenreira - Asgafon
Entrecosto de Tenreira - Asgafon
Entrecosto de Tenreira - Asgafon

Entrecosto de Tenreira - Asgafon

Agora podes comprar en liña una das mellores carnes da provincia de Lugo e levámoscha directamente ao teu domicilio. Este entrecosto de tenreira ten todas as garantías de calidade e sabor da carne de Asgafon.

  • Entrecosto de Tenreira Galega Suprema certificada.
  • Envío envasado ao baleiro en bolsas herméticas.
  • Transporte refrixerado e con control de temperatura.
Tipo de corte
Tipo de envasado
28,00 €
IVE incluido

Descrición

O entrecosto de tenreira é unha das pezas favoritas dos amantes da carne e o bo comer. Un corte de carne das máis nobres do animal cun equilibrio perfecto entre carne e graxa.

Normalmente cocíñase á grella ou á prancha e é un alimento apto para unha dieta saudable polas súas propiedades nutricionais.

Que fai que este entrecosto sexa unha das carnes mellor valoradas?

O entrecosto que pides na nosa tenda en liña ten o selo de Tenreira Galega Suprema; unha garantía de que procede de animais nados, criados e sacrificados en Galicia. É carne de tenreiras dun máximo de 10 meses de idade, que foron criadas en liberdade e alimentadas de forma natural a base de leite materno e forraxes ou patacas.

Na provincia de Lugo, as familias que forman parte da asociación Asgafon, seguen un método de cría tradicional, como se realizou nesta zona durante varias xeracións. O resultado: un sabor auténtico e natural na carne que comercializan e que che facemos chegar á túa casa.

Toda a carne que pides na nosa web envíase envasada ao baleiro e en transporte refrixerado. Desta forma, garantimos que chega á túa casa nunhas condicións óptimas e con toda a súa frescura.

Os prados e pastos de A Fonsagrada garanten a herba necesaria para conseguir que cada vaca medre e se críe de forma saudable. Proba un entrecosto de tenreira zumarento, saboroso e de excelente calidade. Recíbeo na túa casa da forma máis cómoda e pon a proba o teu padal.

Detalles do produto

10001015
66 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.